Un camioneiro galego, volvendo a seu lar, retornando dunha singradura de miles de quilómetros polas estradas de Europa, é obligado, por lei, a pernoctar, faltando só media hora de camiño para chegar ó destino. Se o detén a Garda Civil e lle pide o tacógrafo, arriesga unha posible sanción de catro mil euros. Cando teña que aparcar nunha cidade, polígono ou superficie comercial, encontrarase coa falta de espazos habilitados para camións, e facilmente coas sancións da Policía Local.
O devandito, se viaxa con outro compañeiro, se a tripulacion do vehículo son dous condutores, cando faga o descanso regramentario, non se ha poder deitar na litera. Obrigatoriamente farao no asento do acompañante. Se dorme no asento é problema del, mais unha absurda norma non o deixa durmir na litera.
Por outra banda, certos cargadores, distribuidores e operadores, tentan de cotío converter a frota camioneira galega nunca especie de malpagados taxis piratas, en clara controversia cos acordos acadados no paro do transporte no outono do ano 2005. O Ministerio de Fomento, oficialmente, sinala os custos mínimos fixos de explotación de cada camión, sendo, por exemplo, nun vehículo articulado de carga xeral (un tráiler) 1,125 euros, en pesetas 187, por qiilómetro cargado. A maioría dos camioneiros non acadan esos prezos, seinón outros inferiores.
Deste tipo de vehículos hai na Coruña 5.327 autorizacións, que xestionan 1.899 empresas transportistas de mercadorías e 135 operadores de transporte. As cifras para Galicia son 15.319 autorizacións MDP-N para 5.350 empresas e 341 operadores.
Se antes xa era difícil cobrar algúns portes, agora coa obriga do certificado de Facenda, algúns tacaños teñen outra escusa para retrasar os pagos. Outro agravio comparativo é a retención do 1% na facturación. En outras comunidades autónomas non se fai esta retención nin o trabuco do céntimo sanitario. O gasóleo supón máis do 50% dos gastos fixos do vehículo. Dende xaneiro de 2007 á data, encareceuse nun 20,5%.
O peor de todo é que o mesmo camioneiro, cando chegue a carga ou descarga, de cotío, sufra abusos e humillacións intolerables á súa dignidade de persoa e traballador.
Todo isto e máis, que non se di por non aburrir, está xestando un gravísimo conflito no sector do transporte de mercadorías por estrada. Isto non sería unha boa nova para os cidadáns de Galicia. Tampouco sería cómodo pra ninguén. De calquera xeito, aínda se está a tempo de buscar solucións. O camioneiro fía que dialogando e negociando se poden arranxar moitos problemas. Sexa dende Santiago, Madrid ou Bruxelas, agarda respostas dos políticos responsables. O camioneiro non pode agardar moito máis.
Antonio Llanos
Lugo